martes, 27 de maio de 2014

Plantamos arbustos.

Fixemos unha plantación de arbustos (donados polo Concello) diante do edificio da escola.




venres, 23 de maio de 2014

Contacontos: Anxo Moure.

Anxo Moure veu á nosa escola a contarnos as súas historias de pescador de libros.




É tempada de pesca, imos pescar contos. Pepe “Barbo”, o pescador e barqueiro do Miño vainos ensinar. Arrastrando o seu batuxo camiña polas rúas, polas chairas e as montañas para convidarvos a que subades a súa barca e para aprender a pescar. Trátase de contos que escapan do lixo no río, da contaminación das fervenzas, da seca das lagoas. Contos de xacias e homes-peixe, de lavandeiras e barbos, e troitas, e lampreas…
E que imos facer con eles? Pois cociñalos, para que alimenten a nosa imaxinación e a través das nosas palabras poidan volver nadar nos ríos, nas lagoas e bañarse nas fervenzas.

xoves, 22 de maio de 2014

Colaboracións dos pais e nais na escola.


A nai de Inés, Soraya García, contounos un conto africano: Ñiangauya e o corazón do baobab



O pai de Noa, Benjamín Lora, narrounos a historia dun elfiño


E unhas nais de Domirón viñeron a Pedroso para representar un conto ruso: o gato, a raposa e o galo.